Presentación

O máster en Estudos Lingüísticos da USC está organizado por cinco departamentos da Facultade de Filoloxía, e coordina recursos docentes das áreas de lingüística e lingua alemana, francesa, italiana, así como das linguas clásicas –latín e grego– e indoeuropeo.

O programa está deseñado para profundar no coñecemento lingüístico adquirido nos estudos de grao e para iniciar os alumnos na investigación científica no campo da lingüística. Está dirixido a dous tipos de estudantes: a) os que teñen como obxectivo a realización dunha tese de doutoramento; b) os que desexan obter unha formación especializada en lingüística.
O programa está centrado naqueles ámbitos científicos cultivados polo profesorado que o imparte: gramática, semántica, análise do discurso e lingüística aplicada. Consta dun módulo básico común, que pretende revisar conceptos de teoría lingüística actual, e de varios módulos de especialización (nunha lingua específica ou en lingüística aplicada). Con estes módulos opcionais aspiramos a que os estudantes elaboren o seu currículo, ben centrándose nunha lingua particular (español, francés, italiano, alemán, linguas clásicas), ben orientando a súa especialización cara a lingüística aplicada (análise contrastiva, problemas de adquisición de linguas e desenvolvemento da linguaxe, lingüística de corpus, etc.).

Última modificación: Domingo, 3 de Xullo de 2011
© Universidade de Santiago de Compostela