Requisitos de admisión

De acordo co disposto no artigo 17 do Real Decreto 1393/2007 estabelécense os seguintes procedementos e requisitos de admisión:

  1. Titulacións de acceso: terán preferencia de ingreso os licenciados nalgún dos títulos que se indican a continuación, na orde na que se presentan:
    1. Licenciados en Filoloxía ou graduados en titulacións equivalentes da área de Humanidades.
    2. Licenciados en Lingüística, en Tradución e Interpretación ou graduados en titulacións equivalentes da área de Humanidades.
    3. Licenciados en Xornalismo, Humanidades, Comunicación audiovisual, Filosofía, Historia, Psicoloxía, Socioloxía, Publicidade e Relacións Públicas, ou graduados equivalentes en titulacións das áreas de Humanidades e Ciencias Sociais.
    (títulos do catálogo oficial do Ministerio, R.D. 1954/1994 de 30 de setembro)
  2. Requisitos de formación previa: non se estabelecen de xeito xenérico requisitos de formación previa, agás os derivados do dominio das linguas respectivas nos módulos de especialización. Considérase aconsellábel o coñecemento dalgunha das linguas empregadas na investigación científica, ademais da propia. En función do currículo específico do estudante, a Comisión académica do máster poderá recomendar algún requisito previo de formación ou mesmo condicionar a aceptación do cumprimento deste requisito.
  3. Criterios de admisión e selección: para a adxudicación de prazas no máster terase en conta o criterio de prelación segundo os tres grupos estabelecidos nas titulacións de acceso. A selección das solicitudes levarase a cabo tendo en conta o expediente académico do alumno e o seu currículo. Neste caso, recurrirase a unha entrevista persoal.
Última modificación: Domingo, 3 de Xullo de 2011
© Universidade de Santiago de Compostela