Procedemento de admisión
  1. O prazo de solicitude, que inclúe unha matrícula provisoria, comprende dende o 9 de xullo ata o 11 de setembro (do 9 ao 31 de xullo para alumnos estranxeiros procedentes doutros sistemas educativos; neste caso o prazo de matrícula será comunicado individualmente a cada alumno).
  2. A publicación de matriculados e a adxudicación de prazas realizarase o 13 de setembro.
  3. De quedaren prazas vacantes, a petición do Coordinador, poderase autorizar a matrícula até cubrir as prazas ofertadas. Data límite: 5 de outubro.
  4. Os solicitantes deberán cumplimentar os datos da solicitude a través da secretaría virtual. O medio preferente de comunicación con estes estudantes será o correo electrónico ou mensaxes de SMS a través de móbiles. Esta matrícula será provisional até que sexan verificados os datos presentados polos estudantes (de non dispor a USC deses datos, deberán acreditar titulación e expediente académico).

Documentos que hai que presentar:

  1. Os matriculados que cursaran estudos previos na USC non terán que entregar ningunha documentación específica.
  2. Os matriculados que cursaron estudos noutra universidade deberán entregar na Unidade de Xestión Académica correspondente (UXA Norte, planta baixa da Residencia Burgo das Nacións, fronte a Filoloxía), no prazo de dez días posteriores á realización da matrícula, os seguintes documentos:
    • Fotocopia compulsada do seu título universitario ou da certificación acreditativa do pago dos dereitos para a súa expedición.
    • Certificación académica dos estudos cursados na que figuren todas as materias cursadas e as cualificacións obtidas na titulación que dá acceso ao máster.
  3. Estudantes estranxeiros:
    • Impreso de solicitude de recoñecemento de equivalencia, indicando que programa oficial de posgrao (Máster oficial) pretenden cursar na USC. O impreso obterano nos Servizos de Xestión académica.
    • Copia DNI, NIE ou Pasaporte.
    • Certificación Académica dos estudos universitarios, na que se inclúa como mínimo a duración dos estudos, anos académicos, materias cursadas, carga lectiva de cada materia (horas ou créditos), calificacións e escala de calificacións.
    • Título universitario (Licenciado en... / Graduado en...).
    • Información complementaria: acreditación de que a súa titulación ten un nivel de formación equivalente aos títulos españois correspondentes de GRAO e que facultan no país de orixe para o acceso a estudos de Posgrao.
    • Acreditación do pago da tarifa de equivalencia de estudos estranxeiros, no momento de facer a solicitude de equivalencia (unha vez que o alumno foi admitido).
Última modificación: Xoves, 7 de Xuño de 2012
© Universidade de Santiago de Compostela