Organización
  1. Módulo común obrigatorio: 30 créditos (5 materias de 6 créditos)
    1. Adquisición da lingua. Psicolingüística
    2. Cuestións fundamentais da gramática e semántica
    3. O estudo do discurso. Discurso e sociedade. Discurso e gramática
    4. Métodos de investigación en lingüística
    5. Métodos en lingüística de corpus e procesamento da linguaxe natural
  2. Módulo optativo: 18 créditos (12 dun módulo de especialización e 6 doutro módulo complementario)
  3. Traballo de fin de máster: 12 créditos

O traballo de fin de máster deberá verificar a adquisición por parte do estudante das competencias do máster. Os estudantes que desexen acceder ao período de investigación dun programa de doutoramento deberán demostrar, ademais, que son quen de redactar un traballo orixinal de investigación que contribúa ao progreso do coñecemento nunha área específica.

Última modificación: Mércores, 14 de Abril de 2010
© Universidade de Santiago de Compostela