Obxectivos

Obxectivos xerais

Preténdese que os alumnos:

  1. Adquiran e produzan novos coñecementos
  2. Saiban aplicar os coñecementos adquiridos a contornos novos ou pouco coñecidos
  3. Resolvan problemas concretos, tanto en situacións coñecidas coma en situacións novedosas
  4. Formulen opinións e xuízos baseados en argumentos consistentes e teñan en conta as responsabilidades sociais e éticas derivadas das súas opinións
  5. Sexan capaces de integrar coñecementos de distinta natureza
  6. Saiban comunicar con claridade as súas conclusións e as premisas que as sosteñen, tanto a un público especializado coma non especializado.
  7. Adquiran as habilidades requiridas para lograr aprendizaxes autónomas
  8. Respeten os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres e promovan os Dereitos Humanos
  9. Preserven os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade

Obxectivos específicos

Son obxectivos específicos do máster en Estudos Lingüísticos:

  1. Presentar un panorama do estado actual dalgunhas disciplinas lingüísticas centrais: gramática, semántica, análise do discurso e lingüística aplicada
  2. Proporcionar aos estudantes a formación necesaria para investigar nas áreas e campos de especialización do máster
  3. Formar os estudantes nas técnicas de investigación desenvolvidas polas diferentes escolas e orientalos na resolución de problemas específicos
  4. Traballar coas aplicacións informáticas, estatísticas e computacionais que resulten de maior utilidade no tratamento de datos lingüísticos
  5. Capacitar para emprender estudos contrastivos ou comparativos no eido da lingüística
  6. Fomentar a capacidade de reflexión crítica dos estudantes
  7. Ofrecer unha formación especializada en lingüística, como prolongación do currículo académico dos docentes nos centros de ensino, ou como actualización dos profesionais interesados pola lingua
  8. Enriquecer e completar os saberes do colectivo que se adica ao ensino de linguas
  9. Incentivar a participación de docentes de secundaria interesados polos problemas da lingua
Última modificación: Mércores, 14 de Abril de 2010
© Universidade de Santiago de Compostela