Estudantes con necesidades educativas especiais

A Comisión académica do máster velará para que os estudantes con necesidades educativas específicas, derivadas de discapacidade, conten cos servizos de apoio e asesoramento axeitados. Dende o servizo de Participación e Integración universitaria poderase obter colaboración institucional. Do mesmo xeito, a Comisión académica do máster avaliará a necesidade de posíbeis adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.

Última modificación: Mércores, 14 de Abril de 2010
© Universidade de Santiago de Compostela