Mobilidade de visitantes
  1. Subvención para favorecer a mobilidade de profesores visitantes en másteres oficiais.
    Logotipo Ministerio de Educación
    Secretaría Xeral de Universidades
    Dirección Xeral de Política Universitaria
    Orde do 14 de abril de 2010 (BOE do 19 de abril de 2010)
    Referencia da axuda: MAS2010-00267-P
    Subvención concedida: 1500 euros
    Profesora: Caroline Hagège. Investigadora na empresa Xerox Research Centre Europe (XRCE) en Grenoble (Francia)
    Materia: Métodos en Lingüística de corpus e procesamento da linguaxe natural
    Estadía: 20/03/2011 - 26/03/2011
    Actividade desenvolvida pola profesora visitante:
    1. Clases expositivas. Revisión dos seguintes aspectos teóricos:
      • expresividade dos formalismos
      • equilibrio cobertura/precisión das regras sintácticas
      • analizadores de dependencias fronte a analizadores de constituíntes inmediatos
      • técnicas de análise: superficial, robusta, parcial, profunda
      • adaptación da saída da análise para usar en aplicacións como extracción de información
    2. Sesións interactivas: prácticas de análise sintáctico automático sobre grandes cantidades de texto empregando como ferramenta de procesamento o analizador XIP, co que traballa o equipo de I+D da empresa Xerox (Grenoble, Francia).
Última modificación: Martes, 29 de Novembro de 2011
© Universidade de Santiago de Compostela