Preguntas frecuentes (FAQs)

Relativas ao proceso de matrícula

1. Que teño que facer para matricularme?

Na parte central da páxina web da USC haberá unha ligazón para Matrícula.

O máster universitario en Estudos Lingüísticos (P5111) ten límite de prazas e criterios xerais de selección.

A solicitude de admisión faise en liña, mediante un Formulario de solicitude de admisión.

2. Como me identifico no Formulario?

Ao entrar no formulario de solicitude de admisión, pediraselle unha Identificación de usuario. A primeira vez deberá introducir o seu número do documento de identificación (seleccionando a opción: NIF/NIE/Pasaporte). Os estudantes estranxeiros introducirán o seu documento de identificación aínda que non teña o formato indicado; a continuación pulsarán ACEPTAR no aviso de que ese documento non é un DNI.

Contrasinal (=password): escribirase un contrasinal de polo menos 6 caracteres, que deberá ser confirmada (é posíbel combinar letras e números, maiúsculas e minúsculas). O contrasinal permite acceder aos servizos por internet tantas veces como se desexe, polo que é importante conservalo.

3. Cal é o prazo de solicitude de admisión?
  • Alumnos que cursaron estudos en España: entre o 4 e o 9 de setembro
  • Estudantes estranxeiros que cursaron estudos noutros países:

    A admisión deberá solicitarse a través da Secretaría virtual no prazo comprendido entre o 14 de xullo e o 31 de agosto. O solicitante debe indicar a titulación universitaria que posúe (Licenciado/Graduado en...).

    A admisión e matrícula terán carácter provisional e quedarán condicionadas á concesión da equivalencia da titulación de acceso coas estabelecidas para o máster e, no seu caso, á acreditación do cumprimento dos criterios específicos (dominio de linguas).

4. Cando me matriculo?

Os alumnos admitidos matricularanse no prazo comprendido entre o 4 e o 9 de setembro a través da Secretaría virtual. Esta matrícula é provisional.

Despois da publicación da lista de admitidos abrirase un prazo até o 14 de outubro para que os solicitantes que non puideron solicitar a admisión dentro do prazo fixado se poidan matricular. Neste último caso, a adxudicación de prazas realizarase por orde temporal de solicitude até completar as prazas ofertadas.

Anulación de matrícula (desistencia total): até o 14 de outubro.

5. Que documentación debo presentar?

Está indicada na páxina web do máster.

6. Son alumno estranxeiro, en que forma debo presentar os documentos acreditativos de licenciatura ou grao e de expediente académico?
  • Achegaranse os documentos orixinais, xunto con unha fotocopia, para a súa compulsa por parte do Servizo de Xestión Académica.
  • Se os documentos foron xa confrontados ante Notario ou polas representacións diplomáticas ou consulares de España no país de procedencia dos documentos non será precisa a presentación simultánea do orixinal.
  • Non procederá a compulsa ou cotexo de documentos xa compulsados ou que non sexan orixinais.

Os alumnos matriculados deberán presentar antes do 15 de outubro do ano correspondente, no Servizo de Xestión Académica (UXA Norte, planta baixa da R.U. Burgo das Nacións, frente a Filoloxía), os documentos académicos debidamente legalizados e/ou traducidos, e, cando proceda, os documentos orixinais acreditativos do cumprimento dos requisitos específicos.

7. Canto custa o máster?

O máster ten prezos públicos que fixa anualmente a Xunta de Galicia. No ano 2011 un máster de 60 créditos custa aproximadamente 1.200 euros.

8. Son alumno de intercambio, podo matricularme en materias soltas do máster?

É posíbel facelo, pero ten en conta o seguinte:

  • As materias están deseñadas para estudantes posgraduados.
  • Debes acreditar un nivel de competencia de idioma na materia na que te matricules.
  • Debes pórte en contacto co coordinador do máster, que ten que proporcionarche unha carta de confirmación para a túa matrícula.
9. Hai un sitio específico para estudantes estranxeiros na páxina web da USC?

Existe un Portal Internacional, con información sobre a USC y sobre bolsas en España para alumnos estranxeiros (MAE-AECID, por exemplo), que tamén é sitio de consulta para alumnos españois sobre estudos no estranxeiro (ERASMUS, SICUE-SÉNECA...).

10. Onde podo atopar información sobre bolsas ou axudas?

Preguntas académicas

11. Canto dura o máster?

Un curso académico, dende setembro dun ano natural até xullo do ano seguinte.

12. En que período hai docencia presencial?

As clases comezan a mediados de setembro e finalizan a mediados de abril do ano seguinte (consúltese o apartado de Horarios e Calendario desta páxina). Os meses de maio e xuño están destinados exclusivamente á confección do Traballo de Fin de Máster (TFM). Este traballo deberá entregarse o día 30 de xuño. A defensa do TFM terá lugar nunha sesión pública que o presidente do tribunal convocará na primeira quincena do mes de xullo.

13. Como demostro o nivel de coñecemento dos idiomas do máster?

Inicialmente, mediante certificados de títulos oficiais da propia licenciatura ou de cursos de idiomas (información máis detallada).

Aos alumnos de intercambio que se matriculen de materias soltas do máster, antes de comezar o curso, os profesores poderán esixirlles que realicen unha proba que demostre o seu nivel de competencia nas linguas de referencia do curso.

14. Que especialidade se especificará no Suplemento Europeo ao Título que obteña con este máster?

As especialidades dependerán da liña optativa que o alumno teña cursado. Será unha das seguintes:

  • Especialidade en Lingüística española
  • Especialidade en Lingüística aplicada e Teoría da Lingüística
  • Especialidade en Lingüística contrastiva español-alemán
  • Especialidade en Lingüística grega e latina
  • Especialidade en Lingüística francesa e italiana
15. Cales son os horarios do máster?

Atoparalos nun documento en PDF nesta páxina web.

16. Que materias ten este máster?

Toda a información sobre materias, profesores, etc. está dispoñíbel nesta páxina web.

17. É obrigatoria a asistencia a clase?

Todos os cursos do máster están programados para que a avaliación sexa continua, polo que a participación nas sesións presenciais é determinante para a superación das materias. Na memoria do máster en Estudos lingüísticos indícase que, como norma xeral, para superar as materias deberá acreditarse a asistencia en, cando menos, o 80% das actividades programadas.

18. De cantas convocatorias dispoño?

Segundo a normativa sobre permanencia en titulacións de máster da USC, o alumno disporá de dúas convocatorias (unha por curso, máximo dous cursos). En cada convocatoria están previstas dúas oportunidades, unha ordinaria cuatrimestral e outra extraordinaria en xullo do mesmo curso académico.

Para o TFM considérase oportunidade extraordinaria a de febreiro do curso seguinte a aquel no que o estudante fixo os cursos.

19. Se non aprobo unha materia na convocatoria cuatrimestral correspondente, teño dereito a unha recuperación?

A normativa de asistencia a clase da USC (Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010) indica que os alumnos teñen dereito a unha "oportunidade extraordinaria de avaliación" no mes de xullo de cada curso académico. No programa de cada curso especificarase cal será o procedemento empregado na devandita oportunidade: a repetición do traballo do curso ou unha proba relativa aos contidos da materia.

20. Podo compatibilizar o máster cun traballo a tempo parcial?

En teoría é posíbel, xa que as clases presenciais do máster son só pola tarde. Porén, a sobrecarga de traballo pode limitar as túas posibilidades de culminalo con éxito.

Ten en conta que existe unha modalidade de matrícula a tempo parcial (o máster cúrsase en dous anos, con 30 créditos cada curso) que facilita a compatibilidade do máster con outro tipo de traballo.

21. Que pasa se non supero todas as materias do máster nun curso académico?

Poderás matricularte no curso seguinte das materias non aprobadas. A non superación dalgunha materia do máster implica que non poderás defender o TFM no mesmo curso académico e que deberás presentalo e defendelo no curso seguinte, na convocatoria extraordinaria de febreiro ou na convocatoria ordinaria de xuño.

É preciso volverse matricular dos créditos non superados e aboar as taxas correspondentes. O período de matrícula en "Continuación de estudos" abarca do 5 ao 9 de setembro.

22. Non acadei a nota de 5 no TFM na convocatoria de xullo. Que debo facer?

Poderás mellorar o traballo segundo as indicacións do director e presentalo na convocatoria extraordinaria do curso seguinte (febreiro a efectos de actas, pero con entrega do traballo o 15 de xaneiro e defensa nos 15 días seguintes).

Os parámetros de avaliación do TFM están incluídos na normativa aprobada pola Comisión académica.

Ten en conta que deberás matricular outra vez os 12 créditos do TFM no período habilitado para matrícula como continuación de estudos: do 5 ao 9 de setembro.

Última modificación: Domingo, 3 de Setembro de 2017
© Universidade de Santiago de Compostela