Sistema de avaliación

A avaliación será continua ou ben mediante probas e traballos, segundo se especificará nas guías docentes de cada materia. Os alumnos deberán acreditar, polo menos, a asistencia ao 80% das actividades presenciais programadas (cf. artigo 9 da Resolución rectoral da USC do 2 de abril de 2007). Como criterios xerais estabelécense os seguintes:

  1. Sesións presenciais. Valorarase: a) a adicación dos estudantes ás tarefas de lectura das publicacións seleccionadas ou ás prácticas encomendadas; b) a participación activa dos estudantes nas postas en común, así como o emprego de argumentos nos debates.
  2. Traballos: valorarase: a) saber integrar o coñecemento adquirido a través das fontes bibliográficas no propio texto; b) capacidade para asimilar a información recopilada; c) bondade e calidade das análises prácticas realizadas; d) demostración de como se enfocaría un traballo de investigación sobre un aspecto concreto.

Dacordo coa lexislación vixente, as calificacións das materias, cursos, seminarios e traballos de fin de máster estarán comprendidas entre as seguintes marxes:

0 - 4,9 Suspenso
5 - 6,9 Aprobado
7 - 8,9 Notable
9 - 10 Sobresaliente

Última modificación: Domingo, 3 de Xullo de 2011
© Universidade de Santiago de Compostela