Destinatarios
  1. Licenciados en Filoloxía ou graduados en Linguas / Letras (tanto en Linguas modernas como en graos de linguas específicas). Graduados en Lingüística ou en Tradución e Interpretación. Alumnos que xa posúen certos coñecementos sobre o tema porque o seu currículo de grao inclue materias de lingua e lingüística.
  2. Licenciados e graduados en Humanidades, Xornalismo e Ciencias da Educación. Alumnos motivados polos estudos de lingüística con materias de linguas ou ensino de linguas no currículo de grao.
  3. Licenciados e graduados en Ciencias Sociais (Psicoloxía, Dereito, Socioloxía, Antropoloxía social e cultural). Alumnos interesados pola lingüística que só tiveron un contacto indirecto con esta disciplina, por exemplo a través da sicoloxía, a filosofía, a antropoloxía, etc.
Última modificación: Mércores, 14 de Abril de 2010
© Universidade de Santiago de Compostela