Conversión dun doutoramento de calidade

Este máster resulta, en parte, de convertir o programa de doutoramento en Lingüística da USC nun máster investigador. Os datos relativos á concesión da Mención de Calidade son os seguintes:

  1. Concesión de Mención de Calidade da ANECA no curso 2004-2005, por resolución de 22 de xuño de 2004, da Dirección General de Universidades (MEC). Publicada no BOE de 5 de xullo de 2005. Referencia MCD-2004-00230.
  2. Concesión de Renovación da Mención de Calidade no curso 2005-2006, tras superar un proceso de auditoría, por resolución de 29 de xuño de 2005, publicada no BOE o 14 de xullo de 2005. Referencia MCD-2004-00230.
  3. Concesión de Renovación da Mención de calidade para o curso 2006-07, por resolución de 11 de agosto de 2006, publicado no BOE do 30 de agosto de 2006. Referencia MCD-2004-00230.
Última modificación: Mércores, 14 de Abril de 2010
© Universidade de Santiago de Compostela