Competencias

Competencias xerais

  1. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos en entornos novos ou pouco coñecidos
  2. Formulación de opinións e xuízos baseados en argumentos consistentes, que inclúan reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas derivadas da súa aplicación.
  3. Habilidade para comunicar con claridade conclusións e as premisas que as sosteñen, tanto a un público especializado como non especializado.
  4. Aptitude e destreza para aplicar o razoamento indutivo e dedutivo ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
  5. Incremento da capacidade de abstracción, síntese e análise ao extraer xeneralizacións a partir da descrición dos datos.
  6. Mellora da capacidade de reflexión crítica, da exposición pública e do debate dos temas examinados.
  7. Dominio das estratexias argumentativas da linguaxe científica: formulación de argumentos consistentes, análise rigurosa e valorativa de propostas teóricas, achega de probas ou datos para verificar hipóteses.
  8. Obtención dunha formación actualizada que permita resolver problemas de análise lingüística.
  9. Capacidade para a aprendizaxe autónoma de novos coñecementos, métodos e técnicas de análise.
  10. Coñecemento e explotación de bases de datos lingüísticas, tanto impresas coma on-line.

Competencias específicas

  1. Bo coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
  2. Comprensión da diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas (cómo enfocar problemas análogos desde posicións teóricas diferentes).
  3. Capacidade para amosar a interrelación entre tipos de datos e teorías lingüísticas.
  4. Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
  5. Manexo eficiente dos procesos de selección e clasificación de materiais lingüísticos e dominio dos instrumentos para a súa análise.
  6. Dominio da expresión oral e escrita que asegure a redacción de bos textos ou discursos.

O traballo de fin de máster deberá comprobar a adquisición por parte do estudante destas competencias. Os alumnos que desexen acceder ao período de investigación dun programa de doutoramento deberán demostrar, ademais, que son capaces de redactar un traballo de investigación que contribúa ao progreso do coñecemento nunha área específica.

Última modificación: Mércores, 14 de Abril de 2010
© Universidade de Santiago de Compostela