Acceso

O artigo 16 do Real Decreto 1393/2007 estabelece que, para acceder aos estudios oficiais de máster, será preciso estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior, que faculte no país expedidor para o acceso aos estudos de máster.

Igualmente, poderán acceder os titulados procedentes de sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade de homologar os seus títulos, previa comprobación por parte da USC de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e de que, no país expedidor, o seu título faculta para o acceso a estudos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo que o interesado posúa nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os estudos de máster.

O sistema de admisión do alumnado realizarase de acordo cos criterios e procedementos estabelecidos no Regulamento de Posgrao Oficial da USC seguindo os principios de obxectividad, imparcialidad, mérito e capacidad.

A Comisión Académica do máster ten as competencias en materia de admisión tal como se estabelece na normativa da USC.

Última modificación: Mércores, 14 de Abril de 2010
© Universidade de Santiago de Compostela